As chaves dos namorados

“As chaves”

Ti, miña rula, dixéchesme que me fora é eu, fíxenche caso votando a correr. Non mirei  para atrás, daquela, nin pa diante  miraba.  Xo che fixen  caso  e botei a andar. Corrín tanto como me deron as pernas.  Non me vira na necesidade de que me partise un raio  dos teus. Bradabas e bradabas sen  xeito algún, e por demais.

Querías que parase de camiñar, pero, non che fixen caso e marchei apuradiño a dar catro voltas o torreiro, ata que me cansei de dalas tan rápido.

Despois das catro voltas o torreiro inda me fun a tomar un pouco polo saco, entreténdome en  quitarlle o musgo  é  verdella a unha pedra grande  e vella ca que se topou o meu pe é que me deixou unha boca no zapato. Cando me cansei de novo, alá tirei con ela a un balado calquera.

Miudiño, para  a casa fun por onde vira , ata que cheguei o mesmo sitio, onde espetaramos os dous. E alí seguías, alí estabas descalciña, diante da porta  e feita un  ourizo cacho. Tarde lembraches de que as chaves estiban no meu sombreiro.

-¿Non te acordaches  ca lideira que só tíñamos un xogo de chaves?  ¡E tiñas eu! ¿ Non si?

Por non ter, daquela, tamén non tiñas moito posto. Grazas a Deus que  quedaches en biso e cos calzóns postos, pero, faltábache  unha faldriqueira. Sequera unhas moedas para saír do paso e chamar a o cerralleiro.

Logo de toparnos cas miradas de medio lado,  é despois dun anaco, os dous, nos  bicamos a medias…, ¡porque es o que non hai!

Non parabas de seguir bradando ca mesma lideira, aínda que  pouco a pouco, acabaches miudiño.

As chaves caeron dende o sombreiro ata o chan. Logo de caer as chaves, tamén  púxose os teus pes o meu sombreiro. ¡Todos polo chan! Polo chan  e ca porta, chamando.

Mireite avergoñado…, fixácheste en min, entón foi cando souben da túa beleza, soubeches da miña tamén. Esa beleza que non se entende: nos tampouco , ¡que mais lle ten!

Despois dunha doce aperta xa dentro da casiña, na mesma cociña, arranxamos a parvada de róncolla.

As lamberetadas que empardecen os dentes  non nos gustan: de súpeto votámoslle unha cunca de caldo ven quente, pois,  conxelados case quedamos. A cunquiña de caldo  nos puxo a ferver. Ós dous entramos en calor rapidamente. ¡Ata a cociña de ferro botaba chispas!

Tomade o conto  como vos veña en gana. Os contos sempre son contos, aínda que cada cal ou cada quen, tómaos como quere.

Novoartess: P&c

A %d blogueros les gusta esto: