Martha Nussbaum.
Martha Nussbaum xa nos da a entender do perigo que supón o esquecemento das humanidades por parte das democracias e sociedades actuais. De continuar por esta vía, xeracións enteiras tornarán como máquinas utilitarias en lugar de cidadáns con criterio libre de pensar.
É por iso é que – estas xeracións que dormen, apáticas – teñen o deber de desfacer o seu leito, levantar e non quedar cos xeonllos plantados no chan e con bágoas que se perden na, nada. Mira a tristura de fronte; os soños se poden cumprir, pero para iso, é necesario que todos esperten e abran ollos críticos diante dun mundo globalizado e cheo de un sufrir propio e alleo.
Eu formei parte de esas xeracións que vivíamos ó día; sen prexuízos, sen que nada nos dese medo, sen moito que levar a boca , sen cartos na faldriqueira. Inda así, tivemos mais liberdade da que agora se pretende camuflar entre a gracia das redes sociais e a ironía dun periodismo podre de poder e que ten lobiños sometidos, contentos co seu cacho de carne diaria sen que para eles sexa necesaria a caza e perdendo a esencia da súa propia supervivencia.
Pobres eles, e pobres dos que someten, porque quizais, o día menos esperado chegue. Ese día no que os instintos innatos saian a fora e terminen papando a quen lle ensinaba a carnaza para que a comese.
Acabo con este dicir;
«Reflexionar sobre a vulnerabilidade humana é a – de todo o individuo a ela-. Loitar por a xustiza fai necesaria as Humanidades».
Martha Nussbaum.
María preciosa Cabral Pérez, (unha mestura entre o discurso e unha opinión persoal).


