«Sen mirares»

“Capricho do destino”

Foi unha noite de tristura na que se perden horas

As agullas daquel reloxo desfeito estaban tiradas

Só soaba o repousar dun corazón que tamén  parou

As fadas rían entre os soños que non voaban

Toda a vasquiña aluméante chegou  ó  porto

Nesa tormenta dunha noite doce , chea de morriña

Cae unha bágoa mentres xurde un sorriso  tenro

Pois cruza o limiar dunha porta  agora esmagada

Que resultou non ser, xa que sempre foi un trampa toxo.

Meus ollos buscaran o ceo, comíame a desesperanza.

Buscaba a calma, a inquietude nalgunha musicalidade

Así mesmo, sen morriña, chegoume   o desacougo

Botara  unha ollada ao abismo que agardou contumaz

Lle pestanexaba  ó ceo, ás estrelas ou a tanto amor…

Mentres era envolto nunha sábena mollada

Cunha soa bagoa  bastou para poder retorcela

Foi tan fonda que collía  dentro e fóra do universo.

Viaxamos tolos,  mentres choran as cicatrices.

A nosa sinxeleza, dona da conciencia, afoga.

Mentres que  alguén entra na cociña e séntase.

Esixindo quedarse quere manxares  relámbese

Podería fuxir e dáste conta que dispón de chave.

Entre tantos e con tantos queda coa súa quietude

Consciente dun mundo que se envolve en  nada

Con maldade, troula con variñas máxicas,

Con sombreiro de aire aguzado e  sen ás  de anxo

Encérase na súa propia forma e encollese,

Contraese e es vítima desas décimas incontables.

Bocexa mentres se abraza é se  mestura co alento.

Faite cóxegas, divírtese e acóugate pra durmires.

Con vasoiras, con pocións, palabras, historias,

Con silencios nun limbo descoñecido, aquédate.

Xa non tes febre, non hai lugar para as dores

Aplacase  todo e un desmaia, xa ben  canso

Canso dun corpo rachado, árido e efémero.

Non teñas medo e espira lento, cheo de sal

Non teñas presa, non bulas;  o reloxo morreu

Nesta  noitiña mágoa  serás libre  de verdade

Esta noite  á estirar o fío da túa  madeixa

A que tiñas chea de vellos nós de mariñeiro.

Humano, asento ó destino, escóndeme,

Fráxil e tan sinxelo sinto algo así coma  nada.

Canso envólvome nunha noite  de estrañeza

É maldigo  o que nunca, ó calar non buscado

E sento frío no meu corpo, un coma  eses fríos…

Só coa incerteza dun pronto quecemento

E sento tanto  que esta vida non che chega

Divagando quedas, unha ironía  que rosma

Desafina , canta e dise a si mesma:

-E aquí eu…, con todas as miñas queixas

Mentres outros xa descansan doutro xeito

Mentres  nos quedamos soíños co tempo

Cun reloxo que soa miudiño nas tristuras

A vontade do destino salvaxe, dor  de dores

Ou  quecer de migallas de soles ardentes.

Que liscan e bulen sen mirares.

María Preciosa Cabral Pérez. Imagen creada por mi.