Lendas, historias…

Lenda da Torre de Breogán

Breogán, fillo de Braht, foi o podente xefe dunha daquelas tribos dos ártabros que moraron nas terras de Galicia, na parte central da costa norte, cando os celtas asentaron, miles de anos antes da invasión dos romanos no noso país.

Nunha pequena insua que hoxe está unida pola parte moderna da Coruña, construída sobre area, existía a vella cidade gobernada por Breogán. As barcas de vímio recubertas de coiro abrigábanse no pequeno porto de San Amaro.´

E preto da la, a veiriña dun outeiro, Breogán mandou facer unha ergueita torre, a mais grande e achegada á mar aberta.

Aquela torre podería servir de guieiro ós  navegantes; podería tamén, acendendo no seu cume unha lumarada, transmitir a longas distancias durante a noite certos  sinais, como por exemplo a arribada daquelas grandes naos dos marchantes fenicios que viñan comerciar cos galegos, unha orde de xuntanza, un perigo que arboleaba ou cousa polo xeito.

Unha tarde, Ith, o fillo de Breogán, subiu o cimo da torre e albiscou ó lonxe do mar ; aló,  nos confíns,   pareceulle ver entre as brétemas da distancia, outra terra descoñecida. Sentía tal desexo de saber que habería mais para alá, que ignorando todo perigo que suporía ir tan lonxe, daquela sen pensalo, algo o empurrou á deixarse levar pola aventura.

Así mesmo, pediu consentimento ó seu pai para organizar unha expedición.

Poderíase dar, sería  posible, que da outra banda do mar houbera pedras das que se fundían para fabricaren armas e ferramentas; o precioso metal amarelo co que labraban prezadas xoias; quizais riquísimas froitas ou sementes semellantes á ceveira orxo ou aínda mellores para a matenza; madeiras, liño para teceren as súas roupas , outros animais , outras xentes…

A expedición realizouse. Antes da partida, Breogán recomendoulle ó seu fillo que fixera a viaxe montado no seu cabalo, sen baixarse del ata que chegara; só mentres, así podería ter a certeza de poder voltar con ledicia.

Desta maneira contase, como os celtas galegos levaron consigo ata Irlanda a súas costumes e civilización.

Por isto é que as mesmas citanias ou castros circulares se atopan en Irlanda  e en Galicia; e mais os preciosos torcos de ouro; e parellos nomes de ríos e lugares… e ara a mesma gaita con semellantes temas musicais.

Outras maneiras de ver as lendas ou a historia.

O primeiro escrito co que me topei, non sei de quen ven sendo. En canto o artigo seguinte, xa vos deixo as referncias aquí debaixo, ( aínda que o que topades nalgunhas liñas é un copia e pega doutras fontes).

https://gazeta.gal/

Temos varias historias relacionadas coa Torre de Hércules.  Na mitoloxía até os nosos días chegou a historia de que Hércules desembarcou nesta zona da costa do litoral galego, que á súa vez era un territorio no que reinaba Gerión , un xigante, rei de Brigantium, monarca déspota e cruel que obrigaba a que todos os seus vasallos, ou súbditos, lle proporcionasen a metade dos seus bens, incluíndo ós seus propios fillos.

É así como estes súbditos pediron axuda a Hércules para que acudise na súa defensa. Este desafiou a Gerión  e sostiveron un gran combate, do que saíu vencedor Hércules. Tras a morte do rei, este foi enterrado e enriba da súa tumba levantouse un gran túmulo culminado por un gran facho. Nas proximidades fundouse a cidade que se lle chamou Coruña en honra á primeira persoa  (unha muller) que até alí chegou.

Doutra banda moitos historiadores manteñen a teoría de que neste preciso lugar atopábase situada a Torre de Breogán, lugar desde onde Ith, o fillo de Breogán, divisaba terras irlandesas. É  moi posible que o topónimo Brigantium  derive de Breogán; e que por influencia na etapa romana, fosen substituídos os heroes autóctonos polos romanos; Breogán por Hércules.

Hai que engadir que na tradición mitolóxica irlandesa, tamén se fala desta torre  no Lebor Gabála Érenn, ou “libro das invasións irlandesas”.

…Un dos seus descendentes, Breogán, funda alí a cidade de Brigantia e nela construiría unha torre desde a que o seu fillo Ith podía ver Irlanda. A Brigantia da lenda irlandesa, situada na Península Ibérica, sería identificada coa Coruña ou Betanzos, de modo que a Torre de Breogán non sería outra que a Torre de Hércules.

O mito irlandés, importado a Galicia, faríase parte insubstituíble do “celtismo” galego, adoptado por moitos historiadores románticos galegos no século XIX, de forma que, por exemplo, Galicia é metaforicamente denominada “fogar” e “nación de Breogán” en o himno galego. Devandito mito podería verse reforzado por investigacións feitas públicas en 2006, que suxiren unha vinculación xenética celta entre a poboación do norte e noroeste da Península Ibérica (Galicia) e as de Bretaña, Gales e Irlanda.

FIN

Pomos fin xa que igual non acadamos xamais…

Como podedes apreciar ai mitos, lendas, historia e  todo  mesturado , xunto,  crea unha composición extraordinaria para divagar, discutir…,  pero sobre todo para aqueles de bo corazón halles de dar a capacidade de liberar a súa imaxinación, cousa complexa os en día.

O que queira que se quede co ovo ou ca galiña primeiro, ¡que mais ten!

María Preciosa Cabral Pérez